Saltar la navegación

O proxecto cREAgal

Que é?

O proxecto cREAgal consiste no desenvolvemento de Recursos Educativos Abertos para implantar nas plataformas educativas da Xunta de Galicia (aulas Moodle dos centros e E-Dixgal).

Liñas estratéxicas

As liñas principais do proxecto son as seguintes:

  • Recursos educativos con licenza CC BY-NC-SA creados con eXeLearning.
  • Contidos adquiridos mediante a solución de retos dentro de situacións de aprendizaxe en contextos reais que o alumnado debe resolver de forma colaborativa.
  • Utilización de metodoloxías activas baseadas no DUA.
  • Cubrir todo o currículo de 5º e 6º de primaria e secundaria.

Liñas temporais

Curso 23-24: elaboráronse REAS para matemáticas de 5º de primaria e 1º de ESO.

Curso 24-25: estanse a desenvolver os REAS de matemáticas de 6º de primaria e 2º da ESO.

Obxetivos do proxecto

Estratexia dixital 2030

1. Elaborar un conxunto de recursos educativos abertos que se poidan aloxar nun repositorio de contidos educativos dixitais e que se integren facilmente nas aulas virtuais.

2. Que os recursos ofrezan un servizo de mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe da comunidade educativa galega.

3. Que os recursos sexan pezas clave e fundamentais na transformación dixital educativa galega.

4. Que posibiliten a atención á diversidade do alumnado dende o seu deseño inicial, que aseguren o seu acceso e promovan a participación e o progreso mediante deseños accesibles e universais.

Ferramentas do proxecto

  • Equipos docentes e de coordinación
  • Soporte técnico de maquetación (estilo propio)
  • Aula Moodle para a xestión de proxectos
  • Ferramentas de creación:
    • eXelearning
    • GeoGebra
    • software libre

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)